ENTRE TUMBAS Ebook
un paseo polos camposantos galegos
by ibán rodríguez
This is the price your customers see.
£4.39
Other versions of this book
-
Print Book
£60.79
About the Ebook
Na actualidade o valor artístico e cultural dos camposantos occidentais en xeral, e dos galegos en particular, penso que está totalmente fora de dúbida. Existe un crecente interese que se traduce nun aumento paulatino dos contidos dispoñibles na rede, na existencia dun cada vez máis amplo abano de necrópoles recoñecidas pola administración polo seu valor patrimonial, na proliferación de asociacións de amigos... Malia esta consideración, son aínda poucos os espazos nos que este recoñecemento vai acompañado dunha apreciación do seu mérito estético e, polo tanto, do seu potencial interese turístico. Fora das nosas fronteiras podemos atopar variados exemplos de soterramentos con gran predicación popular que son empregados como unha fortaleza máis á hora de atraer visitantes; aí están Père Lachaise en París, Tikhvin en San Petesburgo, Recoleta en Bos Aires, as necrópoles italianas de Pisa e Xénova, Josefov en Praga…; e máis preto Montjuic e Plobenou en Barcelona, Comillas en Cantabria, Luarca en Asturias... Dentro do contexto europeo existen iniciativas consolidadas de promoción turística específica para roteiros de camposantos; a European Cemeteries Route ven de acadar o recoñecemento da Organización Mundial do Turismo; a ASCE (Association of Significant Cemeteries in Europe) organiza rutas e encontros por toda Europa; máis preto, en Andalucía, ven de convocarse a segunda edición do Concurso de Fotografía Turística “Ruta Europea de Cementerios en Andalucía” apoiándose nesas iniciativas europeas…
Coeste traballo pretendo amosar unha parte do inmenso patrimonio que posuimos.
Features & Details
- Primary Category: Arts & Photography Books
- Version Fixed-layout ebook, 128 pgs
- Publish Date: Sep 19, 2012
- Last edit Sep 19, 2012
- Language English
- Keywords cemetery, tomb, grave, necropole, necropolis, cementerio, cemiterio, camposanto
See More